A xornada en imaxes. Día 21

Video da presentación e charla sobre seguridad vial:

Presentación das Xornadas:

Gincana e obradoiro de mecánica:

Ponentes da tarde:

CALIBIX

 

CALIBIX, o sistema biomecánico máis preciso e rápido do mundo. Totalmente obxectivo, non deixa marxe a interpretacións subjetivas ó erróneas baseadas na apreciación humana. Logra a posición máis eficiente dos ciclistas de Ruta, BTT e Triatlón.

– Identifica a talla do cadro máis idónea para o cliente; así como as medidas dos compoñentes da bicicleta (Manillar, potencia, sillín, bielas e posición das calas), que deben ser adecuados ás necesidades persoais de cada ciclista.

– Permite realizar análise biomecánicos, nas modalidades de: Estrada, BTT, Triatlón de xeito obxectivo e precisa.

– Clona diferentes bicicletas con precisión milimétrica.

A biomecánica científica máis avanzada definiu xa cales son os ángulos articulares dunha boa posición do ciclista:

la-base-de-calibix

A través de cálculos matemáticos baseados na proporcionalidad antropométrica do individuo, CALIBIX, determina de forma rápida e eficaz as distancias e ángulos máis convenientes entre eixe de pedalier-sillín e eixe de pedalier-manillar . CALIBIX, ofrece a máxima precisión en todas as medicións da bicicleta e logra a posición máis eficiente ou confortable do ciclista de estrada, BTT e triathlón. Estudo Científico realizado no departamento de Ingeniería da Universidade Publica de Navarra e a Escola de Fisioterapia da Universidade de Valladolid. É o sistema biomecánico no que confían un número cada vez maior de ciclistas profesionais UCI-PROTOUR.

Fonte: http://www.calibix.eu

Terio Carrera nas Xornadas

Terio Carrera, presentador dos deportes da TVG, será o encargado de moderar a mesa redonda :“Historia do ciclismo galego contada polos seus protagonistas” que se celebrará o día 23 de marzo nas I XORNADAS GALEGAS DO CICLISMO. Donde se dará un rapaso a historia do ciclismo galego. Xunto a él estarán ciclistas de prestixio como Alex Márquez, Oscar Brea, Ezequiel Mosquera, Blanco Villa, Álvaro Pino, Martín Lestido, Oscar Pereiro e Delio Rodríguez. Todos eles aportarán as súas experiencias e a súa forma de vivir a través deste deporte tan sacrificado como é o ciclismo

Información sobre as Xornadas

Obxectivo e xustificación

O obxecto desta xornada é coñecer a actividade desenvolvida

dentro dunha estrutura ciclista. Os responsables dos diferentes equipos ciclistas deron un paso decisivo cara á evolución deste deporte buscando un traballo multidisciplinar, no que se ven implicados diferentes axentes que traballan de forma coordinada para alcanzar o mellor resultado posible. Nesta xornada darase a coñecer a actividade desenvolvida polos diferentes axentes implicados, para iso contarase coa participación de profesionais de recoñecido prestixio no mundo do ciclismo.

Datas, horarios e lugar de celebración

Levarase a cabo os días 21, 22 e 23 de marzo.

De as 10:00 as 14:00 horas e de as16:00 a 20:00 horas.

Instalacións do Teatro Principal da Estrada.

Perfil e número de participantes

Estas xornadas están pensadas e estructuradas de forma que calquera persoa vinculada, que practique ou que lle guste o ciclismo poida encontrar os mecanismos necesarios para praticalo con seguridade e coñecemento:

•Ciclistas cadetes, juniors, élite, master, cicloturista

•Directores deportivos, monitores e directivos de equipos e clubes

•Estudiantes de ciencias da actividad física e do deporte, de ciclos deportivos…

•Calquera persoa interesada neste deporte

Estructura das xornadas

Están abertas a todo tipo de persoas que lles poida interesar

As mañáns, por ser días laborais para os traballadores e vacacións escolares para os máis pequenos, estarán adicadas a estes últimos.

Durante as tardes plantexamos a parte mais técnica das xornadas

Xornadas ciclismo do Concello de A Estrada

Os días 21, 22 e 23 de marzo celebraranse na Estrada as I  Xornadas de Ciclismo no Teatro Principal do concello.

O principal obxectivo destas xornadas é coñecer a actividade desenvolvida dentro dunha estrutura ciclista profesional polo que contaremos cos mellores dos profesionais do mundo do ciclismo.

Irán dirixidas a profesionais e aficionados do mundo do ciclismo, estudantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte e calquera persona interesada nesta disciplina e no deporte en xeral. O número de prazas estará limitado por estricto orde de inscrición.

Ao longo dos días iremos colgando máis información na web xornadasciclismoaestrada.sifservicios.com pero ademais podedes consultar calquera dúbida no correo xornadasciclismo@sifservicios.com