Información sobre as Xornadas
Obxectivo e xustificación
O obxecto desta xornada é coñecer a actividade desenvolvida
dentro dunha estrutura ciclista. Os responsables dos diferentes equipos ciclistas deron un paso decisivo cara á evolución deste deporte buscando un traballo multidisciplinar, no que se ven implicados diferentes axentes que traballan de forma coordinada para alcanzar o mellor resultado posible. Nesta xornada darase a coñecer a actividade desenvolvida polos diferentes axentes implicados, para iso contarase coa participación de profesionais de recoñecido prestixio no mundo do ciclismo.
Datas, horarios e lugar de celebración
Levarase a cabo os días 21, 22 e 23 de marzo.
De as 10:00 as 14:00 horas e de as16:00 a 20:00 horas.
Instalacións do Teatro Principal da Estrada.
Perfil e número de participantes
Estas xornadas están pensadas e estructuradas de forma que calquera persoa vinculada, que practique ou que lle guste o ciclismo poida encontrar os mecanismos necesarios para praticalo con seguridade e coñecemento:
•Ciclistas cadetes, juniors, élite, master, cicloturista
•Directores deportivos, monitores e directivos de equipos e clubes
•Estudiantes de ciencias da actividad física e do deporte, de ciclos deportivos…
•Calquera persoa interesada neste deporte
Estructura das xornadas
Están abertas a todo tipo de persoas que lles poida interesar
As mañáns, por ser días laborais para os traballadores e vacacións escolares para os máis pequenos, estarán adicadas a estes últimos.
Durante as tardes plantexamos a parte mais técnica das xornadas